Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2019

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA, LIBRO DO PAPA FRANCISCO

Ola compañeiros! Como  sabedes que hai un blog da biblioteca do centro que publica noticias relacionadas coas actividades programadas e coas efemérides ou datas sinaladas.  Dende o Departamento de Relixión queremos facer algo parecido pero en relación con os contidos da nosa área. Este 24  de outubro  é o Día da Biblioteca. Esta celebración faise en lembranza da queima da Biblioteca Nacional de Sarjevo durante o terrible conflicto dos Balcáns, no ano 1992. Se consultades o blog do voluntariado veredes tamén a preciosa actividade que fixeron con os maiores da residencia Domus VI. Pero para os nosos lectores queremos destacar esta data tamén pola publicación do libro do papa Francisco " Nuestra Madre Tierra "  . O seu contido está en consonancia coa súa  grande inquietude pola ecoloxía humana, como xa expresou na súa primeira encíclica "Laudato si" . Este libro será publicado pola editorial do Vaticano o próximo 24 de outubro de 2019, segundo informou Vatican