Saltar ao contido principal

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA, LIBRO DO PAPA FRANCISCO

Ola compañeiros!
Como  sabedes que hai un blog da biblioteca do centro que publica noticias relacionadas coas actividades programadas e coas efemérides ou datas sinaladas.  Dende o Departamento de Relixión queremos facer algo parecido pero en relación con os contidos da nosa área.
Este 24  de outubro  é o Día da Biblioteca. Esta celebración faise en lembranza da queima da Biblioteca Nacional de Sarjevo durante o terrible conflicto dos Balcáns, no ano 1992.
Se consultades o blog do voluntariado veredes tamén a preciosa actividade que fixeron con os maiores da residencia Domus VI.
Pero para os nosos lectores queremos destacar esta data tamén pola publicación do libro do papa Francisco" Nuestra Madre Tierra" . O seu contido está en consonancia coa súa  grande inquietude pola ecoloxía humana, como xa expresou na súa primeira encíclica "Laudato si".
Este libro será publicado pola editorial do Vaticano o próximo 24 de outubro de 2019, segundo informou Vatican News.  Trátase de unha  recopilación  de discurso e homilías nas que nos chama a defender a natureza e a dignidade humana.
«A crise ecolóxica que estamos a experimentar é, por tanto, un dos efectos desta mirada enferma sobre nós, sobre os outros, no mundo, co paso do tempo, unha mirada enferma que non nos fai percibir todo como un agasallo ofrecido por descubrirnos amados»
Insistindo na creación como doazón de Deus por amor a nós, e que amar a Deus é amar e custodiar ese don, ese agasallo, e non colabora na súa  destrución.
© Vatican Media
© Vatican Media


Comentarios